miércoles, 18 de septiembre de 2013

Aberto o prazo das Escolas Deportivas e Culturais 2017/18

Dende o  luns 11 de setembro está aberto o prazo de inscrición das Actividades das Escolas Deportivas e Culturais Municipais 2017/18.

O Concello de Negreira oferta máis de 30 actividades Deportivas e Culturais para nenos e adultos, en distintos horarios e localizacións. Ata o día 11 de outubro podes facer efectiva a túa inscrición na Delegación de Cultura e Deportes do Concello de Negreira, situado na Casa de Cultura.

Se queres ver o listado de actividades PINCHA AQUÍ.

Para facer efectiva a matricula en calquer Actividade Cultural o Deportivas, tes que facer os seguintes pasos:
1.- Cubrir a Folla de inscrición das  actividades que che interesen:
1.1 -Azul: Actividades Deportivas
1.2-Verde: Actividades Maiores Ximnasia e Aerobic.
1.3-Violeta: Actividades Culturais.

2.- Pagar a Cuota de inscrición na conta do Concello de Negreira.
Si queres facer o pago on-line: ES15 0081 2153 2400 0104 6411 (Banco Sabadell)

3.- Entregar a Folla de inscrición cuberta e o recibo de Pago.
Na Oficina de Cultura e Deportes ou enviar escaneado os documentos ó email: cultura.deportes@concellodenegreira.es

4.- Recorda que as clases comenzan o luns 2 de outubro.