miércoles, 18 de septiembre de 2013

Aberto o prazo das Escolas Deportivas e Culturais 2020/21



Dende o  mércores 23 de setembro está aberto o prazo de pre-inscrición das Actividades das Escolas Deportivas e Culturais Municipais 2020/21.

O Concello de Negreira oferta máis de 30 actividades Deportivas e Culturais para nenos e adultos, en distintos horarios e localizacións. Ata o día 23 de outubro podes facer efectiva a túa pre-inscrición na Delegación de Cultura e Deportes do Concello de Negreira, situado na Casa de Cultura.
A partir dese día farase público os listados de admitidos en cada actividadade, e haberá que realizar o pago do primeiro trimestre (20 €)

Se queres ver o listado de actividades PINCHA AQUÍ

Para facer efectiva a matricula en calquer Actividade Cultural o Deportivas, tes que facer os seguintes pasos:

1.- Cubrir a Folla de pre-inscrición das  actividades que che interesen:
1.1 -Azul: Actividades Deportivas
1.2-Verde: Actividades Maiores Ximnasia,  Aerobic, Padel e Ioga
1.3-Violeta: Actividades Culturais.

2.- Entregar a Folla de pre-inscrición cuberta.
Na Oficina de Cultura e Deportes ou enviar escaneado o documento ó email: cultura.deportes@concellodenegreira.es

3.- Dende o 23 ata o 30 de outubro estarán expostas as listas de admitidos en cada actividade.

4.- Pagar a Cuota de inscrición (1º trimestre) na conta do Concello de Negreira.
Só se pagará a partir de estar publicadas as listas de admitidos en cada actividade e grupo, entre o 2 e o 6 de novembro.

5.- Recorda que as clases comenzan o luns 2 de novembro.






No hay comentarios:

Publicar un comentario